Comarcas

Poio e Bueu seguen o exemplo de Pontevedra e compensarán a paga de Nadal dos seus funcionarios

Os concellos de Bueu e Poio, os dous gobernados polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), coma o de Pontevedra, compensarán, tamén, aos seus funcionarios pola supresión da paga extra de Nadal. Para elo aprobarán complementos de productividade, coa finalidade para que os traballadores municipais non se vexan afectados pola medida, aprobada hai meses polo Goberno.

Os alcaldes das dúas localidades cren que é posible que a medida sexa recurrida pola administración do Estado, ña vista de que a Subdelegación do Goberno en Pontevedra xa requeriu información sobre a mesma. Con todo, os dous rexedores están dispostos a defender a viabilidade da mesma recurrindo á Xustiza, logo de que fora consensuada entre os gobernos locales, os comités de persoal e ratificadas polos plenos das dúas corporacións.

Para pagar aos funcionarios, Poio fará un pago único, por horas extras, en xaneiro de 2013, mentras que Bueu as ingresará mensualmente coa nómina, de xeito que as dúas medidas entren nos orzamentos municipais para o ano que ven.

 

También te puede interesar