Alberto Núñez Feijóo, propuxo onte que os Gobernos de España e de Portugal asinen un protocolo para “clarexar” os prazos de inicio do AVE Vigo-Porto e garantir a posta en marcha desta infraestrutura “clave” para Galicia. Así o sinalou o titular da Xunta á saída da xuntanza co primeiro ministro de Portugal, José Sócrates, na que definiron unha axenda de contactos entre o Executivo galego mailo portugués para tratar “de forma bilateral e con concreción” os principais asuntos que unen a ambos territorios.
