Comarcas

O BNG pide ao Ministerio de Cultura que restitúa a subvención ao Festival de Cans

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativano Congreso para pedirlle ao Goberno que restitúa a subvención do Ministerio de Cultura ao Festival de Cans, por importe de 10.000€.

A deputada nacionalista lembra que o Executivo central contribuiu con 10.000€ á celebración do certamen no pasado 2011, máis para a edición deste ano decidiu suspender todo tipo de subvención. “Somos conscientes do difícil e complicado marco de crise económica pero adoptar unha medida tan drástica como a negación de calquer axuda a un referente do Audiovisual galego é algo máis que discutíbel», argumentou Davila Fernández, pero que «eliminala por completo non é o camiño”.

O BNG  sinala que a eliminación desta axudas supón un duro revés que afecta seriamente á liquidez do evento e reprocha ao Goberno que use unha doble vara de medir, “desincentivando especialmente as produccións cinematográficas en lingua propia ou as iniciativas como a do Festival de Cans”.

Fernández Davila destaca a importanza que acadou este Festival que nasceu no 2003 por iniciativa dos membros da Asociación Cultural Arela. “Desde a primeira edición o Festival contou cun importante recoñecemento por parte da prensa e coa asistencia e participación de personalidades destacadas do mundo do cine. Con cada edición a súa fama foi en aumento”.

A deputada dirixe unha batería de preguntas ao Ministerio de Cultura para que repense “unha decisión tan taxante e aporte de novo fondos ao Festival de Cans”.

E, ademáis:

Cans precisa patrocinadores para manter o festival de cine

Wert mete la tijera al Festival de Cans

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.