Galicia

Piden a dimisión do concelleiro de Industria logo de coñecerse a non adxudicación de Alfageme

A CIG esixe responsabilidades ao Conselleiro de Industria e aos Alcaldes do PP da Comarca do Salnés despois de coñecer a decisión do IGAPE de non adxudicar a ningunha empresa o proxecto empresarial de Alfageme.

“Unha vez máis a incompetencia da Xunta do PP deixa morrer un proxecto empresarial viable e a 150 traballadoras/es na rúa por intereses partidistas”, indica a central nunha nota remitida aos medios.

O pasado 18 de xullo, a Confederación Intersindical Galega (CIG) reclamoulle  á Consellería de Industria que cumprise o seu compromiso e liberase os avais para que a firma poidese ser vendida ao Grupo Consorcio, o que permitiría o mantemento da actividade e dos postos de traballo nas plantas de Vilaxoán e Ribadumia.

Naquela época, o sindicato nacionalista salientou que a decisión xudicial na que a Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou o recurso presentado pola familia Lago, propietaria da conserveira Alfageme, para frear a execución dos avais de 35 millóns de euros que o Igape lle concedera á compañía, ratificaba as súas demandas. Foi por elo, que demandaron da Xunta que cumprise os seus compromiso é procedese á «execución dos avais”, o que, indicaba o sindicato, posibilitaría a cancelación das débedas coas entidades acredoras e permitiría a venda da compañía conserveira.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.