Vigo al minuto

O Sergas defende ante o personal do CHUVI a xestión do novo hospital

infografía do cuarto hospital.
infografía do cuarto hospital.

A Xerencia do Complexo Hospitalario de Vigo estase a reunir co persoal deste centro para empezar a traballar no deseño e na organización do novo hospital desta cidade, tras a aprobación onte, no Consello da Xunta, do seu estudo de viabilidade.

Así, o xerente, Francisco Antonio Soriano Paredes, mantivo unha reunión coa Xunta de persoal na que lles transmitiu que o proceso de construción do futuro hospital. Segundo di o Sergas nunha nota de prensa  «o obxectivo destas xuntanzas é garantir que exista información accesible e transparente para todos os profesionais deste centro, que o Servizo Galego de Saúde considera pezas claves neste proxecto. Neste sentido, o xerente brindouse a petición dos profesionais a darlles información puntual sobre os distintos pasos que se vaian dando no proceso de ordenación e construción do futuro centro sanitario».

Ademais, lembrou que nel, tanto a prestación e xestión dos servizos sanitarios serán totalmente públicos, e que contará cun total de 1.465 camas e será un hospital de primeira, de referencia, de alta tecnoloxía e de vangarda.

O xerente explicou que o modelo concesional que se vai empregar para a construción do novo hospital de Vigo consiste en que unha unión temporal de empresas adianta o investimento e constrúe a infraestrutura a cambio dun canon anual e da xestión dos servizos non sanitarios que, a día de hoxe, están xa externalizados. Este é o caso da limpeza, seguridade e vixilancia, centraliña, lavandería e lencería, restauración, mantemento, transporte interno e externo, subministro e xestión enerxética, central de abastecemento e tratamento de auga, reprografía e imprenta, conservación de vías e xardíns, locais comerciais, aparcamentos ou gardería.

Esta fórmula, segundo explicou él, permitiría ao Servizo Galego de Saúde mellorar o rendemento dos recursos público e crear arredor de 2.400 postos de traballo, ademais de reforzar o sistema sanitario con novos centros. Así mesmo, recordou que esta é a fórmula que se está a empregar en outros países e Comunidades Autónomas, xa que o sistema tradicional pode dilatar a construción dun hospital dez  ou quince anos.

A outra visión do cuarto hospital

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.