Galicia

O 56% dos concellos galegos permite iniciar a tramitación telemática de procedementos

No ano 2011 a porcentaxe de concellos que permitían iniciar a tramitación telemática de procedementos administrativos elevouse ao 56%, o que supuxo un incremento de 20 puntos respecto a 2010. É un dos datos destacados do resultados do informe sobre a Administración electrónica nos concellos de Galicia correspondente ao ano 2011 elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

O informe repasa a situación das infraestruturas, equipamento así como o nivel de desenvolvemento da sede electrónica nos concellos, a interoperabilidade entre administracións, o uso de sistemas de certificación dixital para a identificación dos empregados públicos e cidadáns na tramitación de expedientes, etc.

Sede electrónica

O 18,7% das entidades locais dispón dunha sede electrónica, seis puntos máis que no ano 2010, sendo os elementos con maior nivel de implantación o Rexistro electrónico e a identificación electrónica da cidadanía. Case o 9% dispón  dun catálogo de procedementos, que é accesible desde Internet no 74,4% dos casos, 9 puntos porcentuais dende o ano 2010.

A práctica totalidade dos concellos galegos teñen páxina web corporativa con información municipal, acadando o 100% naqueles que contan con máis de 5.000 habitantes, valor semellante ao acadado fai un ano.

O mecanismo de identificación dos usuarios ou visitantes da web máis común é o nome e contrasinal, no 14,5% dos concellos, mais o que ten un maior crecemento é o uso dun certificado dixital, no 13.5%, case un punto máis que no ano 2010.

Intercambio de datos entre Administracións públicas

Unha das claves para o impulso da administración electrónica nos concellos é avanzar na interoperabilidade, a intenreconexión dos sistemas informáticos das Administracións para , entre outras vantaxes, evitar que cidadáns e empresas presenten  documentación que xa obra en poder das Administracións Públicas. Neste sentido o Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI),  configúrase como  a  infraestrutura tecnolóxica chave que actuará como o nodo que posibilitará a conexión entre os servizos dixitais dos concellos galegos e os do Estado.

O 45,7% dos concellos recibiron documentos con certificados electrónicos doutras entidades públicas e un de cada tres, o 32,5% realizaron envíos de documentación administrativa, 5 puntos porcentuais máis que no ano 2010.

O 83% dos concellos galegos accederon aos sistemas de información doutras Administracións para realizar consultas, 7,5 puntos por riba do 2010, e un 44,8% dispoñen de procedementos interadministrativos integrados nun mesmo sistema informático, tamén 5 puntos máis que no 2010.

Esta dinámica ven facilitada en boa medida pola existencia do portal EidoLocal e a rede SARA, que actualmente pon a disposición das entidades locais diversos servizos de intercambio de información e contidos coa Xunta de Galicia e o goberno do Estado.

Identificación e certificación dixital

O 92% dos concellos emprega algún tipo de identificación electrónica para o acceso aos seus equipamentos informáticos por parte dos usuarios. Neste senso, un 41,8% utilizou o DNI electrónico ou o certificado dixital no ano 2011, observándose un crecemento de 4 puntos en relación ao 2010 (37,7%).

Dende o ano 2006 duplicouse case o uso do certificado dixital por parte da alcaldía, pasando do 46% ao 88,5% no 2011. Este incremento aínda foi máis notable no caso dos interventores municipais (do 21,2% ao 94,2% neste período), da secretaría (do 36,1% ao 94,2%) e dos concelleiros/as (do 3,1% ao 31,7%).

Inclusión dixital e formación TIC

Os concellos enquisados manifestan que a principal barreira á administración electrónica é a falta de recursos económicos, o 21,6% e a falta de coñecemento e formación do persoal interno, o 10%.

A Rede CEMIT, posta en marcha o ano pasado e que conta con 98 aulas en 92 concellos está a permitir por un lado a formación do persoal das administracións locais nas ferramentas TIC e por outro, o da propia cidadanía tanto nas aplicacións básicas do mundo dixital como na difusión e formación das relacionadas con ámbitos específicos: para o mundo gandeiro, o pesqueiro, o acceso a rede sanitaria, etc.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.