Vigo al minuto

O alcalde pedáneo e os vocais de Bembrive pasan a cobrar 15.969 e 17.590 € anuais, respectivamente

A Entidade Local Menor de Bembrive, tras o acordo adoptado pola súa Xunta Veciñal o pasado 17 de outubro, realizará modificacións nas retribucións e asistencias a órganos colexiados e indemnizacións polos gastos ocasionados no exercicio do cargo do Alcalde Pedáneo e dos vocais.

Segundo o actual mandatario, “ata o mes de Xuño de 2011, durante o goberno do PP na Entidade, os custos supuñan un total de 39.327 €, deles 23.607 € do Alcalde Pedáneo,  8.400 € os vocais do PP ; 3.960 o vocal do BNG e 3.360 € o vocal do PSOE”. A Xunta Veciñal acordou  ao mes seguinte modificar o réxime de asistencias e indemnizacións, polo que o Alcalde Pedáneo (PSOE), supuña un custo total anual de 13.200 €;  os vocais do PSOE, 10.800 € e os vocais do PP, 10.800 €; ascendendo a un total de 34.800 €, «é dicir, que se aforraban 4.527 € ao ano con respecto á etapa do goberno anterior”.

Roberto Ballesteros subliña que, coa experiencia de funcionamento adquirida ao longo de 15 meses, e despois de valorar a dedicación necesaria dos vogais para o bo funcionamento da Entidade, considerouse que as Vogalías delegadas e o propio Alcalde pedáneo teñen as numerosas e importantes tarefas, tales como coordinación de asociacións, atención persoalizada aos veciños, coordinación das brigadas de obras, de atención ao Monte, control das moitas e necesarias obras ou a loita contra a pretensión de supresión das Entidades Menores, xa que a Entidade carece de directivos que realicen estas actividades.

Por todo isto, a Xunta Veciñal decidiu, o pasado día 17, a modificación de retribucións e asistencias a órganos colexiados e indemnizacións por desprazamentos e viaxes dos corporativos de esta Entidade, de xeito que a asistencia a cada unha das sesións da Xunta Veciñal, se retribúan con 30€ para o alcalde pedáneo e a misma cantidade para os vogais, cun límite de 24 sesións anuais, sempre que os mesmos non teñan dedicación parcial ou exclusiva. O alcalde pedáneo pasa a percibir 15.969,36 € anuais,  e os vocais  do PSOE, 17.590,56 €, ademáis, “para poder percibir as retribucións establecidas polo desempeño do cargo en réxime de dedicación parcial será necesaria a dedicación efectiva dos membros da Corporación ao exercicio do cargo, cun horario de 25 horas semanais”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.