Comarcas

Os veciños celebran este domingo a recuperación das fontes de Tortoreos

Imaxe do ano pasado do Camiño das Fontes de Tortoreos

O vindeiro domingo os veciños que así o desexen volverán a gozar do terceiro Camiño das Fontes na parroquia de Tortoreos, en A Neves. O ponto de encontro será na Fonte de Señores, na estrada que leva a Ponteares, xusto no cruce coa antiga estrada que vai cara ao Rabelo e da pista cara a Vilanova.

Segundo informa a organización, a ruta comezará ás 9:00 horas descrubindo unha peza escultorica -doada por Luis Ferreria-conmemorativa desta terceira edición do Camiño das Fontes. Xa dende o principio da festa, ‘A puchadiza’ -cultivos ecolóxicos- contribuirá achegando aos asistentes o sabor natural do seus froitos.

Xa sobre ás 9:35 horas os participantes andarán pola Fonte de Vilanova, logo no Rabelo (Fonte de San Raboa), para seguir polas Pias/O Coto (Fonte de Entre-Regueiros).

Unha vez na Fonte do Rego, como ven sendo costume, a organización da festa ofrecerá uns petiscos e un viñocedido unha vez máis pola Abadia de Tortoreos e Señorío de Ruibiós-.

Ase mesmo, a Cooperativa do Requeixo e Mel de As Neves ofrecerá como agasallo aos participantes unha selección do seus produtos.

A organización conta tamén que «unhas pezas de musica, e auga abondo, xa nos van levando cara o Reguengo, Fonte de Silvares, Fonte do Reguengo, e despois cara Chan (Fonte da Chan) e Fonte da Venda» e que  xa no camiño a Santa Mariña «deteremonos este ano na Fonte da Laranxeira na parroquia de Liñares».

Máis tarde, sobre ás 13:30 horas chegarase a área recreativa de Santa Mariña, na beira do río Mio, onde a organización da festa terá dispostas mesas -co colaboración co Concello- para o xantar. Estarán presentes o Pulpeiro Julio do Carballiño que ofrecerá carne o caldeiro, pan e pulpo e ‘O Chiringo’ de Santa Mariña que terá listas as bebidas.

Pola tarde, a música espontánea dos asistentes inundará de notas a carballeira e alimentará os espíritus.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.