Vigo al minuto

O proxecto básico da estación do AVE xa está listo

Reunión do alcalde cos responsables de Adif.
Reunión do alcalde cos responsables de Adif.

O alcalde recibiu do responsable de estacións de ADIF o proxecto básico da futura estación da Alta Velocidade de Urzáiz, que conta cun 40.000 metros cadrados de superficie. A Administración de Infraestruturas Ferroviarias pide tamén licenza ao Concello para despois encargar formalmente o proxecto arquitectónico a Thom Mayne, no que o premio Pritzker xa está a traballar. Os prazos serán «os máis axustados posibles» para dar cabida á Alta Velocidade no ano 2012.

Caballero recordou que, xunto coa estrutura do edificio presentada hoxe por ADIF, a estación de cercanías xa está en proceso de construcción en Guixar -cun investimento de 12 millóns de euros-, e o Ministerio de Fomento construirá en Urzáiz con 75 millóns de euros xa licitados o proxecto ferroviario da estación, é dicir, á entrada á via e as plataformas para os viaxeiros.

A estes 87 millóns de euros do Ministerio sumarase o custo do edificio que erixirá Vialia, unha vez hoxe mércores foi presentado ao alcalde o proxecto básico. Abel Caballero recordou ademais que o custo do túnel de entrada a Urzáiz -que unirá a futura estación con Redondela- ronda os 200 millóns de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.