Vigo al minuto

Dende hoxe pódese disfrutar o Nadal on the rocks

pista hieloSuperado o retraso, debería estar aberta dende o luns, 0 tenente de alcalde, anuncíou que  a pista de xeo estará instalada na explanada do Náutico dende hoxe ate o  20 de xaneiro. Santiago Domínguez, salientou que esta é unha das actividades organizadas polo Concello no Nadal que «xa é un clásico» e que este ano foi posible grazas a Gadis, empresa sen a que sería «moi complicado que a cidade tivera pista de xeo».

Santi Domínguez explicou que nenos e maiores poderán patinar sobre xeo de 11 a 23 horas a un prezo de 6 euros para o público en xeral e 3 euros para os colexios, que poderán facer as súas reservas como en convocatorias anteriores. Expresou o seu agradecemento a Gadis, xa que afirmou que se trata dunha «empresa galega que ten apostado por este tipo de actividades colaborando cando se lle pide».

«A pista de xeo é unha actividade que xa forma parte de Vigo como nas principais cidades do Estado«, salientou o representante de Gadis, quen lembrou que este ano a pista en Vigo cumpre dez anos. Explicou que ademais de colaborar coa Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes para que a cidadanía teña a posibilidade de patinar sobre xeo, Gadis tamén ofrecerá a posibilidade de patinar gratis co reparto de 3.000 entradas nos puntos de venda de Vigo, Nigrán e A Guarda.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.