Vigo al minuto

Empezan as Festas de Vigo, ainda que non faga un sol de carallo

Onte o fixo oficiosamente, na actuación de ‘Os Resentidos’ en Castrelos, en plan revival levando, aos que temos idade para lembrarnos, aos anos da ‘Movida’, ande andará., e hoxe oficialmente, diante das autoridades, con inxenio, algo que non é doado cando andan políticos de por medio.

Antón Reixa, o da Galicia Caníbal, ‘mira Paqui que lejos llegó este rapaz’, o presidente da SGAE, a socierdade de autores, o sustituto de Tedy Bautista, te di, te di, te di lo mejor, te di te di, foi quen no só de ler, senon de escribir o pregón que este sábado deu inicio as Festas de Vigo, á Semán Grande de Vigo, as Festas do Cristo ou como se chamen agora.

Reixa falou do Vigo real, do Vigo “de Chapela á Guía, de Teis ao Porto e dos bocadillos de calamares da mocidade nas Avenidas”, tivo unha lembranza para as loitas do Naval, ‘hei nena, son como o sector naval!’, asegurou que o Cristo “que chegou por mar, era de Ourense” e subliñou que “dende o Vigo, o dos jichos e jichas,  pódese ir nadando ate a Quinta Avenida de Nova Iorque e voltar, de espaldas, para chegar a Bouzas”.

O músico, escritor, cineasta, profesor e, ademáis, dirixente dos escritores, músicos e cineastas, reivindicou a súa orixe viguesa, reivindicando banjo la lluvia, a cidade eterna “dende o novo Casco Vello a As Almas Perdidas” e rematou, foi o único típico do seu discurso, berrando “Viva Vigo e viva Galicia!«

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.