Vigo al minuto

200 personas protestan contra os recortes diante da Delegación da Xunta

Unhas 200 persoas maniféstanse dende as 11 da mañán deste venres, ás portas da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo, contra os recortes nos servizos públicos aprobados polo executivo galego e o Goberno central.

Convocados por CCOO, UGT, CIG e USO, os concentrados que corean berros contra os responsables dos dous gobernos, Alberto Nñúñez Feijóo e Mariano Rajoy, portan unha pancarta na que pode leerse “Non ao saqueo do pobo, hai que impedir que nos arruinen”.

Esta manifestación prodúcese apenas 12 horas despois da de onte pola noite na Praza de España, promovida polos mesmos sindicatos, máis  CSIF, CESM, OMEGA,e SATSE, na que 2.000 persoas, esceneficando un velorio, denunciaban o deterioro dos servizos sanitarios logo das medidas aprobadas pola Xunta e o Goberno.

Estas manifestacións, segundo responsables sindicais, son parte das mobilizacións continuadas que están a levar a cabo contra a política económica das admisnitracións “rexidas polo PP, ás que acusan de apostar pola privatización de servizos esenciales coma a Sanidade e a Educación “poñendo en risco de desaparición o Estado do Benestar”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.