Galicia

A CIG pídelle á Xunta que libere os avais que permitirán a venda de Alfageme

A Audiencia Provincial de Pontevedra vén de desestimar o recurso presentado pola familia Lago, propietaria da conserveira Alfageme, para frear a execución dos avais de 35 millóns de euros que o Igape lle concedera á compañía. Por elo, a Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de reclámarlle á Consellería de Industria que cumpra o seu compromiso e libere os avais para que a firma poida ser vendida ao Grupo Consorcio, o que permitiría o mantemento da actividade e dos postos de traballo nas plantas de Vilaxoán e Ribadumia.

Segundo o sindicato nacionalista, “a decisión xudicial ratifica o que viñamos demandando, polo que agora a Xunta ten que cumprir o seu compromiso político é proceder á execución dos avais”, elo subliña, posibilitará a cancelación das débedas coas entidades acredoras e permitir a venda da compañía conserveira.

Os representantes dos traballadores, adiantaron que o sindicato lle solicitarán unha xuntanza ao conselleiro de Industria, Javier Guerra,  “porque o proceso non se pode dilatar máis, xa que a administración concursal podería poxar a empresa e non manter os postos de traballo”, ao tempo que amosaron o seu temor a que o gobernó galego non cumpra o prometido e, “nese caso non descartamos retomar as mobilzacións”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.