Comarcas

Éxito da exposición do reporteiro gráfico Anxo Rial en As Neves

Ducias de personas pasaron xa, apenas unha semana despois da súa inauguración, pola exposición que o reporteiro gráfico Anxo Rial ten no Auditorio Municipal de As Neves. Todos os espectadores poideron  facerse partícipes do xeito de ver o mundo deste magnífico profesional que, o mesmo fai unha foto de cruces en Wasilkow (Polonia), que unha colonia de pingüinos en Sudáfrica, un rapaz sorrindo á beira do Lago Titicaca, no Perú ou un afiador no Anapurna.

A exposición, coorganizada pola Deputación, foi aberta o pasado venres polo alcalde de as Neves, Raúl Emilio Castro, e a tenente de alcalde, María del Carmen Gil e o concelleiro de Cultura de Redondela, José Alberto Pazos, conta con e con fondos procedentes do Museo de Pontevedra que amosan un xeito de ver a realidade que a presenta, como é de verdade, e como é para Anxo logo de tamizarla nas experiencias vividas no deserto de Nefta, en Túnez, no Val do Kali Gandaki, no Nepal, n as Montoñas Dolomitas, en Italiaou no Glaciar Ángel, en Canada.

As fotografías, que recollen anacos das experiencias do noso compañeiro, vividas por medio mundo, estará aberta ate o vindeiro día 29.

 

También te puede interesar