Un lote de libros co mellor da literatura infantil e xuvenil actual. Eso é o que recibirán os 250 nenos que terán que estar ingresados no hospitáis galegos este Nadal. A Consellería de Educación apoiará así o programa ‘Hora de ler’ que se desenrola durante todo o ano en varios centros de toda Galicia. Os médicos entenden que a lectura ten un importante valor terapéutico e contribúe a facer máis grata esta época para os rapaces, que atoparán nos libros unha forma de entreterse. Os rapaces e rapazas levan ás súas casas, en préstamo temporal e de forma rotatoria,un pequeno lote de libros e outros soportes, adaptados ao seu nivel de idade e aos intereses do alumno e das súas familias. A carteira pode conter materiais diversos, pensando nos distintos membros da familia: contos, cómics, libros de receitas, de xardinería, de saúde ou educación, ou revistas sobre deportes. Ademais,inclúen unha película ou un documental divulgativo, un CD de música, ou un xogo de ordenador de carácter didáctico.
