Galicia

O Bloque pide a Rajoy que dimita e que decidan os cidadáns

O voceiro parlamentario do BNG, acusou ao presidente do Goberno, este mércores no pleno do Congreso no que Mariano Rajoy adiantou as novas medidas económicas que vai a aprobar o executivo, “ensañarse cos débiles mentres son extremadamente débiles co forte». Francisco Jorquera, afirmou que este «tixeretazo antisocial» converte a España en «Grecia 2» e criticou que serescate á banca a custa de sacrificar o benestar e os dereitos do pobo. O deputado nacionalista salientou que o Estado perdeu soberanía e preguntoulle ao presidente “quén decidirá se se restitúe o diñeiro os afectados polas preferentes?».

Para Jorquera, por moito que o negue o Goberno “o famoso rescate é unha intervención de facto do Estado español. «A proba son os novos recortes: medidas socialmente inxustas que van acentuar o empobrecemento das clases populares e a caída da economía», e espetoulle a Rajoy «a súa política é unha máquina de destrución masiva de emprego». Por iso, asegurou dirixíndose ao xefe do executivo, “o mellor que pode facer é dimitir que sexan os cidadáns os que decidan”

Na mesma liña, a voceira do BNG no Parlamento de Galicia, calificou as medidas anunciadas polo presidente do Goberno de “saqueo ao pobo«, indicando que “son xemelgas das que aprobaron outros países intervidos: provocan desigualdades e non levan á recuperación económica”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.