Galicia

IU denuncia presións do Goberno norteameriacano e do Pentágono para que Navantia non faga buques para Venezuela

O deputado de Izquierda Unida, José Luis Centella, asegurou este venres en Ferrol que o gobernó dos Estados Unidos e o Pentágono están premendo ao presidente do Goberno para que non negocie contratos de buques militares con Venezuela para Navantia.

Centella, quen fixo estas declaracións logo dunha visita aos asteleiros ferroláns e dunha xuntanza co Comité de Empresa de Navantia, reclamou a Mariano Rajoy que faga valer a soberanía española, “porque hai presións para que non haxa relacións con Venezuela e o Goberno non pode escoitar máis ao Pentágono que aos habitantes de Ferrol», asegurou.

O deputado esixiu ao executivo que defenda ao Naval, asegurou que “se é Venezuela a que pode resolver o problema pois benvida sexa” e lembroulle ao presidente que “os problemas de Navantia non son locais” ao tempo que denunciou que o Goberno do PP “declarou a guerra aos cidadáns co único obxectivo de salvar Bankia e o sector financeiro a custa da xente, en lugar de optar polas persoas«.

Por iso, IU solicitará no Congreso que o PP cumpra o que prometeu antes das Elección Xerais do pasado 20 de novembro en relación coa construción do dique flotante para a reparación de buques, que xeraría ocupación no sector naval. «Se o PP enganou a xente para obter votos, agora terá que dar conta», dixo.

Así mesmo, Centella afirmou que IU tamén reclamará que se encargue a sexta fragata para a Armada Española que estaba comprometida en 2004, para que «se aposte por un sector estratéxico e pola economía produtiva» e manifestou o seu rexeitamento a unha posible “privatización de Navantia para facer caixa».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.