Destacados

O movemento veciñal denunciará nunha concentración o maltrato que recibe en Vigo

favecA Federación e Asociacións Veciñais levarán a cabo unha concentración diante do local da rúa Ecuador este mércores16 de decembro ás 10.30 horas para denunciar publicamente «o desprezo que está a sufrir a democracia participativa e o movemento veciñal na cidade de Vigo».

Durante a concentración darase lectura dun manifesto de denuncia de «todas as aldraxes que están a sufrir o modelo de participación e o movemento veciñal», as reivindicacións para recuperar o trato digno e as primeiras actuacións que Federación e Asociacións Veciñais da cidade desenvolverán de forma conxunta para que «se recupere a democracia participativa e se respecte o traballo do movemento veciñal».

A continuación os representantes da FAVEC e Asociacións Veciñais desprazaranse ás sedes que as diferentes forzas políticas teñen no Concello de Vigo para achegar persoalmente as súas denuncias e reivindicacións.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.