Vigo al minuto

Que a Comisión Europea dictamine se as preferentes cumprion coa legalidade

Afectados polas preferentes mantiveron hoxe un encontro co o BNG

Os nacionalistas pedirán á Comisión Europea que ditamine se o proceso de compravenda de participacións preferentes cumpriu a normativa comunitaria en materia de produtos financeiros ou se estamos ante un caso de vulneración das normas en vigor en todos os Estado membros. Ase o anunciaron o portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, o deputado autonómico Henrique Viéitez e eurodeputada Ana Miranda despois dunha xuntanza que esta mañá mantiveron en Vigo con afectados polas preferentes.

 A iniciativa parlamentaria que o BNG presentará na Eurocámara tamén        demanda á Comisión Europea que concrete as medidas a adoptar para garantir  que os afectados -arredor de 100.000 en toda Galicia, e 43.000 só no caso de NovaGalicia Banco-,  recuperen a totalidade dos seus aforros.

A formación nacionalista cualificou de “inadmisible” que o Goberno da Xunta se  dirixa á Comisión Europea a propoñer unha fórmula que non implica a devolución total dos depósitos. “É impropio dun Goberno ir a Bruxelas a defender unha fórmula que non defende os intereses dos galegos e galegas afectados senón das entidades financeiras”, sinalou Ana Miranda, ao tempo que esixiu que a Xunta aclare en que consiste esa arbitraxe.

«Espero que non consista en que os afectados renuncien a parte dos seus cartos ou que os canxeen por outros produtos financeiros de dubidosa rendabilidade», alertou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.