Vigo al minuto

Esquerda Unida presenta unha moción para que a Igrexa pague o IBI en Vigo

O coordinador de Esquerda Unida (EU) en Vigo lembra que en Italia a Igrexa empezará a pagar impostos sobre as propiedades e que en España esta “detracción” supón 3.000 millóns de euros menos ás arcas do Estado. Fronte ao que moitos pensan, engade, “case ningún servicio que presta á Igrexa se fai sen afán de lucro na nosa cidade, exceptuando Cáritas e algún servicio social” e, asegura EU, está contrastado que residencias de anciáns, conventos e mesmo alugueres de espacios eclesiásticos realizan notables ingresos directamente dos recursos dos beneficiarios, como o “cobro de pensións ou mesmo de herdanzas suculentas”

Para EU se a igrexa está preocupada pola situación de emerxencia social que vive a cidadanía “a mellor aportación que pode facer é pagar impostos como eles, lembrando que este ano en Vigo os incrementos do IBI son máis dun 13% para todas as familias independentemente dos seu recursos”. Para Rubén Pérez é unha «burla» a toda a cidadanía que «o maior propietario de bens inmobles non pague o IBI, porque se establece un privilexio intolerable entre os que pagan e os que non».

A moción de EU incide na reforma do marco de financiamento das igrexas e resalta que nunha situación na que se recortan todas as achegas a organizacións non gobernamentais, sen ánimo de lucro, sindicais e políticas, «a Igrexa é a única que non viu recortada a súa asignación».

O Coordinador de EU explicou que o financiamento dependente dos poderes leva contraprestacións e que «a proximidade da xerarquía católica aos poderes públicos condiciona a posición como consecuencia da dependencia económica». Nós consideramos, engadíu Pérez, que “o mellor é un financiamento similar á que se produce en Alemaña onde existe un imposto do 0,7% que non se detrae da caixa común do IRPF, senón que se suma ao que xa pagan quen marcan a casa correspondente”, iso, salienta, esixe un compromiso aos crentes, concede absolutamente independencia a todas as igrexas e respecta a aconfesionalidade do estado.

Esquerda Unida indica que é un feito curioso que o artigo 62 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, fala das exencións do IBI. E no punto c di que estarán exentos “Os da igrexa católica, nos termos previstos no Acordo Español e a Santa Sé sobre Asuntos Económicos de 3 de xaneiro de 1979, e os das asociacións confesionais non católicas legalmente recoñecidos, nos termos establecidos nos respectivos acordos de cooperación subscritos en virtude do disposto no artigo 16 da Constitución”. Esta exención total e permanente da contribución territorial urbana afecta a templos e capelas, residencias de bispos e sacerdotes, oficinas, seminarios e conventos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.