Comarcas

As Neves premia o traballo de entidades, clubes, organismos e asociacións, na ‘Gala do Deporte’

Recoñecer o esforzó e a dedicación á actividade física e o apoio tanto aos deportistas coma á capacidade organizativa e competitiva.  Ese é o obxectivo da ‘Gala do Deporte Vila de As Neves’ na que este mércores, día 16 (ás 21:00 h) entregará os galardóns que premian a laboura, no eido deportivo, de entidades, organismos oficiais, administración, empresas esponsorizadoras e asociacións sen ánimo de lucro, tanto do ámbito galego coma nacional.

Deste xeito, o Concello de As Neves, renova a súa aposta por esta actividade, en especial a que se leva a cabo nas categorías inferiores, escolas municipais, e polos clubes locais que, en conxunto, implican a 300 deportistas.

Na actualidade, As Neves dispón das escolas deportivas: Judo, Fútbol, Patinaxe  e Ciclismo, en categorías inferiores.Ten un equipo na Segunda División Rexional de Fútbol, ‘Neves F.C., e o San Xoán de Rubiós’, que milita na Terceira División Rexional.; Na modalidade e competición de veteranos,   equipos como o Montesol, Conxelados Xián e Señorío de Rubiós. No que se refire ao Fútbol Sala, compiten tres clubes locales, o ‘Manuel García Araujo’, ‘Santa Marta’,  Asociaciación Deportiva Sol do Condado, éste último é un equipo femenino.

No que respeita ao Bádmiton, As Neves é unha potencia, non só a nivel galego senon nacional e internacional. Os máis de 60 xogadores do Clube de Bádminton As Neves, compiten en todas as categorías, en todas as competicións, dende alevín a senior e dende o Campionato Provincial ate o de Europa. O seu éxito deportivo súmase á súa capacidade organizativa,como puxo de manifestó, o pasado día 5 de maio, no Campionato Provincial  Escolar, no que participaron 130 xogadores de 17 clubes.

Coma salientou o alcalde, Raúl Emilio Castro, “esta será una ocasión inmellorable para darlle as grazas a todas esas persoas, institucións, organismos públicos e privados, empresas, clubes e asociacións que tanto fixeron polo deporte en conxunto e polo noso deporte, en particular “, facendo unha mención, continúa o alcalde a dúas persoas  as que queremos honrar, de xeito especial pola súa adicación, a título póstumo se recoñece a traxectoria do recoñecido ciclista nevense, Sixto Blanco, e tamén se recoñece a Carlos Manuel González Rodríguez, ex -xogador, e directivo do Nieves  F.C.  e que foi concelleiro de Deportes durante dous mandatos, hoxe continúa vinculado ao fútbol, a súa gran paixón».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.