Abrigan tanto coma unha manta, quitan a fame, sede dan pouca, fan rir, e dixerir, nunca enfadan, sempre agradan e poñen a cara encarnada, por iso mañá no Sábado de Cine e Libros que organiza a Asociación Cultural “O Coto” no Colexio Público Carballal de Cabral, ademáis de compartir e intercambiar libros, as 9 da noite os amantes do cine poderán ver, sen pianista (para os que leven moito tempo sen ir) a película ’Smoke’
