Galicia

Xuventude abre a 27 entidades máis de 1.100 prazas nas súas instalacións, de xuño a setembro

A Consellería de Traballo e Benestar vén de adxudicar un total de 1.155 prazas nas súas instalacións xuvenís a 27 entidades que traballan coa mocidade. En concreto, as prazas poranse a disposición de asociacións xuvenís; entidades prestadoras de servizos aos mozos e mozas; escolas de tempo libre; Consello da Xuventude de Galicia e consellos locais e municipais de xuventude, así como das corporacións locais e outras entidades públicas ou privadas, incluídos os grupos de mozos e mozas non asociados que levan a cabo actividades de tempo libre sen ánimo de lucro.

A oferta concertada de prazas porase a disposición destes colectivos entre o 15 de xuño e o 30 de setembro. O obxectivo da iniciativa é facilitarlles o desenvolvemento dos seus programas de lecer e tempo libre.

As asociacións que non resultaron adxudicatarias poderán acceder ás prazas que queden baleiras con prioridade fronte aos solicitantes que as demanden por primeira vez, a través do correo electrónico [email protected]

Segundo informa a Xunta, esta iniciativa enmárcase na campaña de verán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, na que o gobernó autonómico investirá este ano ao redor de 2,5 millóns de euros.

A campaña “permitirá a contratación de 900 monitores e directores de tempo libre. Máis de 8.000 mozos e mozas poderán participar da iniciativa entre os meses de xuño e setembro”, un programa no que se ofertan, ademais de prazas concertadas, campamentos en Galicia e noutras comunidades autónomas, actividades para maiores de 18 anos, campos de traballo, e accións para mozos e mozas descendentes de galegos, residentes no exterior.

Esta iniciativa inclúe varias novidades, como a “unión por primeira vez dos participantes procedentes da emigración cos rapaces galegos nos campamentos e actividades para maiores de 18 anos. O obxectivo é fomentar a convivencia intercultural e a aprendizaxe mutua. Ata o de agora só tomaban parte en actividades específicas para eles. Ademais, inclúense novos emprazamentos nos campos de traballo e actividades para maiores de 18 anos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.