Galicia

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público celebra este martes concentracións en toda Galicia en contra dos recortes

Este martes, día 8, as diferentes comarcas do país acollerán a celebración de concentracións simultáneas para demandar do Goberno galego o cese dos recortes no ensino público galego. Con estas mobilizacións, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público Galego, inicia o calendario de accións que teñen como obxectivo “evitar a aplicación no noso país do Real Decreto-Lei 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo”.

Estas concentracións celebraranse ás 19:30 horas en Santiago (Praza do Toural), Ferrol (diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza), Ourense (Rúa do Concello,11), Vigo (Príncipe, diante do MARCO), A Coruña (Praza de Pontevedra), Pontevedra (Praza da Peregrina), Lugo (Edificio Administrativo da Xunta de Galiza, na Ronda da Muralla), A Guarda (Praza do Reloxo), Verín (Praza do Concello), Vilagarcía (Praza de Galiza), Foz (Praza de Galiza) e ás 20:00 horas en Ribeira (Diante do Concello) e no Barco de Valdeorras (Praza do Concello).

A Plataforma  Galega en Defensa do Ensino Público Galego, constituída en autoconvocatoria o pasado 25 de abril, está integrada por representantes da  comunidade educativa galega, pais e nais, profesorado e alumnado, a través de diferentes entidades (organización sindicais do ensino, ANPAS, movementos de renovación pedagóxica, organización estudantís, partidos políticos) e permanece aberta a novas adhesións individuais e colectivas que poden formalizarse no enderezo electrónico http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/ .

Calendario de mobilizacións

Dentro do calendario de accións aprobado pola Plataforma  Galega en Defensa do Ensino Público inclúese o apoio a folga de estudantes e a manifestación convocada o xoves 10 de maio. Catro días despois, o luns 14 de maio, iniciaranse peches rotativos nos centros educativos en toda Galicia e o día 3 de xuño celebrarase unha manifestación en Santiago. A Plataforma tamén insta aos Consellos Escolares e Claustros a que aproben resolucións de apoio ao ensino público.

No seu manifesto, a Plataforma  Galega en Defensa do Ensino Público denuncia que “as medidas aprobadas polo Goberno central -que se veñen sumar aos recortes a aplicados pola Consellaría de Educación nos últimos anos no ensino galego- buscan reducir o profesorado dos centros (despedindo miles de docentes), incrementar o número de alumnado por aula (masificando as aulas), reagrupar alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducir a oferta educativa”. Todas estas medidas “dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, van contra a calidade do ensino e significan maior fracaso escolar”.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.