Alertan do grave perigo das fumigacións con flufexonuron, prohibido na UE

Este domingo, a Plataforma contra as Fumigacións tiña programada unha manifestación en Melide para protestar polos tratamentos aéreos contra o gorgullo do eucalipto cun pesticida prohibido na Unión Europea pola súa perigosidade e alta toxicidade: o Flufexonuron, pero “a pesares da inminencia destas fumigacións, a Delegación do Goberno non entendeu a urxencia do evento e prohibiu a manifestación”, coma indican os membros da organización.

Como alternativa, membros da Plataforma desprazáronse até Melide para informar, a pé de rúa, e de ti a ti, á cidadanía melidense, e a persoas que visitaron a vila para asistir á Foliada e ao mercado feiral, dos “perigos destas fumigacións que se pretenden facer en toda Galicia promovidas pola Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (Aspapel) en conivencia coa Xunta e concellos como o de Melide que, salientaron, “está a instar aos propietarios e propietarias de eucaliptais  a conceder o permiso para ser fumigados”. Entre as accións informativas desenvolvidas, repartíronse centos de panfletos e fixéronse perfomances con persoas caracterizadas como abellas, apilcultores e fumigadores.

Esta acción serviu, indican dende o colectivo, “para constatar a falla de información existente entre a poboación que vai sufrir directamente as fumigacións e a súa fonda preocupación ao coñecer o que se lles vén enriba”. Así, informóuselle a sectores profesionais seriamente ameazados, como produtores e produtoras de mel e hortalizas, ou titulares de explotacións ecolóxicas. Mais, alén destas persoas, continua a Plataforma,  “informouse tamén á cidadanía en xeral das consecuencias nefastas que estas fumigacións poden ter para o medio ambiente e a saúde das persoas e da fauna, especialmente das abellas, que corren serio perigo de extinguirse en Galicia se a Xunta autoriza as fumigacións”, con «repercusións catastróficas», alertan, para sectores como o da horta ou a froita, amais do apícola, que se verán privados do seu principal axente polinizador.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.