Galicia

Os avogados advirten que a imposición de taxas xudiciais creará unha xustiza de ricos e outra de pobfres

Iso asegura o Colexio de Avogados de Santiago que, nunha nota enviada aos medios de comunicación alerta de que a decisión do ministro de Xustiza de revisar á alza e impoñer taxas xudiciais para sufragar os gastos da xustiza gratuíta «limita os dereitos dos cidadáns e pon en risco a tutela xudicial efectiva provocando unha Xustiza para ricos e outra para pobres».

Os letrados composteláns creen que non é admisible incorporar no noso Estado de Dereito unha balanza na que se coloque por un lado o dereito fundamental á Defensa e polo outro o pagamento dunha taxa, ao tempo que subliñan que “o dereito á defensa é fundamental e constitucional». Por iso, aseguran que as taxas non poden presentarse como un recurso necesario para pagar os avogados que prestan o servizo da quenda de oficio.

Os  avogados critican ademais que Ruiz-Gallardón non tivese en conta a opinión do sector antes de calquera reforma, tal e como lles prometera nunha reunión a todos os decanos de España, ao tempo que alertan de que introdúcese un criterio perigoso sobre o custo social da xustiza gratuíta, o “último recurso para facer valer os dereitos fundamentais dos que non teñen, en moitos casos, nin traballo, nin medios económicos, nin esperanza«.

Para o Colexio de Avogados compostelán, o gasto en xustiza gratuíta é unha inversión en paz social e a súa regulación pode ser mellorada, ofrecémonos ao diálogo reiteradamente, pero non debería ser presentado como excesivo. Apenas representa un 6,5% do gasto en Xustiza e “debería ser financiado dende os Presupostos, como está legalmente establecido, e non dende taxas especiais».

Os letrados engaden que un 30% das sentenzas de primeira instancia son revogadas en apelación e, por iso, queren deixar craro que os cidadáns teñen dereito a acudir aos Tribunais en defensa dos seus lexítimos dereitos, tal e como recoñece a Constitución.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.