
Redacción | vigoalminuto
A circulación dos trens de longa distancia entre Vigo e Pontevedra con Santiago e en sentido inverso comezou a recuperarse arredor das 12.00 horas, despois de permanecer interrompida durante máis dunha hora por unha avaría nos sistemas de regulación do tráfico de Adif.
Como informara vigoalminuto, a incidencia bloqueou o paso dos convois entre a bifurcación de Angueira e Faxil, aínda que o servizo xa se atopa en proceso de normalización.
