
Porriño destinará 150.000 euros á renovación integral da sinalización horizontal de todas as estradas e vías municipais, unha actuación coa que pretende reforzar a seguridade viaria e mellorar a ordenación do tráfico en todo o termo municipal.
O Goberno local acaba de sacar a licitación este novo contrato, que, a diferenza das campañas realizadas en anos anteriores, terá un carácter global e permitirá actuar de forma continua en calquera estrada, rúa, camiño ou espazo público de competencia municipal segundo as necesidades que detecten os servizos técnicos.
Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, salienta que esta fórmula permitirá responder con maior rapidez ás incidencias e incide en que o principal obxectivo é incrementar a seguridade viaria en todo o municipio. O rexedor, acompañado polo concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, inspeccionou algunhas das zonas que precisan unha actuación prioritaria.
Renovación da sinalización en todo o municipio
Os traballos incluirán o pintado e repintado de toda a sinalización horizontal existente, desde as liñas de delimitación de carrís ata pasos de peóns, liñas de detención, frechas, inscricións no pavimento, zonas cebreadas, reservas de espazo e delimitación de aparcadoiros.
O contrato tamén contempla a eliminación das marcas antigas ou obsoletas cando sexa necesario reorganizar a circulación, empregando sistemas que eviten danos no pavimento.
As actuacións estenderanse polos núcleos urbanos, estradas interurbanas, camiños municipais, aparcadoiros públicos e os principais viarios dos polígonos industriais, co obxectivo de manter a sinalización en condicións óptimas durante toda a vixencia do contrato.
Materiais máis visibles e seguros
O prego de contratación prioriza a calidade técnica dos materiais que se utilizarán nas actuacións. Entre eles figura pintura reflectante con microesferas de vidro para mellorar a visibilidade nocturna e plásticos en frío con propiedades antiesvarantes e drenantes, especialmente nas zonas de paso de peóns, co fin de aumentar a seguridade tanto de condutores como de viandantes.
OuTRaS NoVaS
- Plomo y arsénico en el agua de Beade: la Xunta alerta y el Concello de Vigo lo niega
- Una avioneta vuelca al aterrizar en Caldas y deja dos heridos, uno grave
- París, Londres, Milán y Frankfurt, las rutas que la Diputación ve viables para Peinador
- Prisión para una joven de 20 años por apuñalar, presuntamente, a un hombre en Cangas
- Besteiro y Caballero hablan de vivienda en Navia, donde la Xunta construye un millar de pisos protegidos





