
O Concello de Mos porá en marcha un novo aparcadoiro provisional na contorna do Rebullón co obxectivo de reducir os problemas de estacionamento e mellorar a fluidez do tráfico nas zonas de Puxeiros e da Avenida do Rebullón, un dos puntos máis transitados do municipio.
Este espazo, situado detrás da confeitaría Seijo, conta cunha superficie de aproximadamente 5.000 metros cadrados e foi cedido de maneira temporal polo propietario da parcela. Segundo o Concello, esta colaboración permitirá ofrecer unha solución inmediata mentres non se estabiliza a situación da mobilidade na contorna.
Os traballos de acondicionamento xa están en marcha e a previsión é que o aparcadoiro entre en funcionamento a partir do 1 de xuño.

Unha actuación “moi necesaria”
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou este xoves as obras acompañada polo concelleiro Camilo Grandal, e destacou que se trata dunha actuación “moi necesaria” para dar resposta ás demandas da veciñanza e do tecido comercial da zona, que leva tempo solicitando máis espazos de estacionamento.
Segundo indicou, o obxectivo principal é desconxestionar o tráfico e liberar prazas no aparcadoiro do centro de saúde para que poidan ser utilizadas prioritariamente polas persoas con citas médicas.
Desde o Goberno local sublíñase que esta medida incrementará a capacidade de estacionamento nunha área con elevada actividade comercial e de servizos, ao tempo que mellorará a circulación nun dos principais accesos ao municipio.
O Concello fai un chamamento á cidadanía para empregar este novo aparcadoiro unha vez operativo, co fin de facilitar o acceso ao centro de saúde e contribuír a unha mellor organización do tráfico na zona.
Outras novas
- El Concello mantiene sin autorización la pantalla del España-Bélgica, tras recibir la documentación complementaria de la Diputación
- La pantalla gigante de la Praza da Estrela para ver el España-Bélgica, en duda tras el aviso del Concello a la Diputación
- Vigo activa los preparativos de la Navidad con un contrato de 610.000€ para la decoración luminosa
- Vigo prohíbe la música en directo en los chiringuitos, mientras Nigrán sí la permite con límites
- El PAC de Cangas, al límite: denuncian falta de médicos, más presión asistencial y derivaciones desde Moaña





