Comarcas

O Porriño aproba amortizar os préstamos para pago de facturas de gobernos anteriores

O pleno do Concello do Porriño, aprobou amortizar os préstamos para pago de facturas de gobernos anteriores, unha operación que e fai co cargo ao remanente líquido de tesourería obtido da liquidación do exercicio económico do 2025.

Explicaba en pleno o voceiro municipal, Carlos Martínez, que isto é posible grazas a boa saúde financieira do Concello, e logo da depuración que se fixo das facturas irregulares dos anteriores gobernos.

Para por en contexto, lembrou que o anterior goberno municipal deixara “no caixón” 5,4 millóns de euros en facturas, das que a través dos xulgados ou de revisión contable, demostráronse irregulares case 3 millóns. O resto, 2,7 millóns de euros pagáronse a través de créditos ICO, que son os que
se liquidan con este acordo plenario.


«Débeda cero e a presión fiscal máis baixa de Galicia»

O Alcalde, Alejandro Lorenzo, destacaba que por primeira vez non existen facturas pendentes no Concello do Porriño e que se está cumplindo o periodo médio de pago. «Todo con débeda 0 e coa presión fiscal máis baixa de toda Galicia».

Deste xeito, «a administración quedará libre de cargas e poderá presentar un novo orzamento que aprobaremos o antes posible”, segundo desvelou xa o alcalde, xa en roda de prensa: “así cumprimos a folla de ruta planificada reducindo a 0 esa débeda que nos deixou o anterior goberno, o que permitirá un aforro directo en xuros pero sobre todo a aprobación de ese novo orzamento”.


Novos investimentos

Ademais da liquidación do crédito, neste pleno extraordinario aprobouse tamén unha modificación orzamentaria para destinar fondos do remanente a proxectos en diferentes parroquias. Trátase de «importantes investimentos» —algúns deles con subvencións provinciais e autonómicas— destinados á «atención social, ao tecido asociativo, ao deporte, á cultura e á creación de novos espazos para a veciñanza».

Son novas obras que poderán pagarse cos aforros municipais, e tamén modificacións orzamentarias para facer fronte ás achegas municipais e a liquidación doutras: inversións do + Provincia ou da Xunta cofinanciadas polo concello, ademáis de “novas infraestruturas que son inéditas no Porriño e que anunciaremos no seu momento”, concluía o alcalde.


Outras novas


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.