Comarcas

Nigrán busca un novo ‘leira-parking’ no centro

Para gañar máis de cen prazas de estacionamento, antes do verán

O Concello de Nigrán presiste no seu intento de sumar un novo leira-parking gratuíto no centro urbano que se sume ao situado desde o 2023 en 1.200 m² de terreo municipal na rúa Vilaméan. Con este obxectivo, publicou no taboleiro da Sede Electrónica o anuncio coas bases do concurso público para adxudicar un contrato privado de arrendamento dunha parcela ubicada a non máis de 250 metros da Casa Consistorial.

O procedemento, en aras da máxima transparencia e legalidade, é o mesmo que se seguíu no ano 2020 para alugar o da rúa Torriña (funcionou ata 2023, rexeitando a propiedade a prórroga). Os pregos novamente esixen que se sitúe a un radio de 250 metros da Casa do Concello, que teña un mínimo de 2.000 m² de superficie e sube o prezo máximo aos 3,90 €/m2/ano sen IVE. Os interesados que cumplan os requerimentos esixidos nas bases dispoñen ata o 3 de maio inclusive para presentar as súas ofertas, priorizándose na adxudicación a mellor rebaixa económica e a menor distancia con respecto ao Consistorio.

Antes do verán

«O obxectivo é contar antes do verán cun segundo espazo de estacionamento gratuíto que facilite á veciñanza acudir ao centro de Nigrán a facer recados, de lecer ou de compras; é algo que favorece a vida diaria da xente, beneficia ao comercio e hostalaría e anima a deixar o coche nun punto e e botarse a camiñar», sinala o alcalde, Juan González, quen estima en que se gañarán un mínimo de 100 prazas que se suman ás preto de 100 da rúa Vilamén, tamén a menos de 250 metros do Concello.


Características

As características establecidas para esta parcela mantéñense iguais que no 2020 coa salvedade dun aumento do prezo máximo do arrendamento, que sube a 4,72 €/ m2 con IVE (o máximo establecido é de 14.160 € en 3.000 m², non pagándose máis por riba desa superficie). Así, figura novamente como imprescindible situarse nun radio de 250 metros medidos desde a porta ata a casa consistorial; acceso por vial público asfaltado e con iluminación pública e fronte mínima de 5 metros; topografía eminentemente chaira; solo rústico ou apto para desenvolver; ou superficie mínima de 2.000 m2 non sendo abonados nin empregados os metros cadrados que superen os 3.000 m². Finalmente, o contrato será renovable anualmente ata un máximo de 4 anos.


Tamén na Ramallosa

Con este aluguer, sumado ao leira-parking xa existente na rúa Vilameán, o goberno local outorgaría ao centro do municipio dunha capacidade de aparcamento tal que nutriría incluso as necesidades do verán, cando se multiplica a poboación. A maiores, e ademais da liña de autobús intramunicipal Nigranbus, compre recordar que na Ramallosa, o outro gran centro urbano do municipio, o Concello mentén desde 2022 operativo un parking 100% público e gratuíto cunha media de uso de 600 vehículos diarios. 


Outras novas


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.