O Concello do Porriño iniciou as obras de mellora da accesibilidade na rúa San Sebastián, no tramo comprendido entre a rúa Fernández Areal e a praza de San Benito, co obxectivo de facilitar o tránsito peonil e eliminar barreiras arquitectónicas.
A actuación céntrase na substitución parcial do pavimento nun dos laterais da vía para crear unha beirarrúa máis accesible, pensada especialmente para persoas con mobilidade reducida, así como para o tránsito con carriños.
A intervención conta cun orzamento de 28.590,65 euros e afecta a unha superficie total de 504 metros cadrados, dos cales 160 corresponden á zona de pavimento que será substituída.
Nova beirarrúa en pedra granítica
Os traballos consisten na retirada do pavimento irregular existente nunha das marxes e na súa substitución por lousas rectangulares de pedra granítica lisa, que permitirán unha superficie continua, sen desniveis e con xuntas mínimas.
Esta solución busca mellorar a seguridade e comodidade do tránsito peonil, mantendo ao mesmo tempo a estética do entorno urbano.
Mellora da accesibilidade no centro urbano
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, salientou que o obxectivo da intervención é facer o municipio “máis accesible”, tendo en conta tanto ás persoas con mobilidade reducida como ás familias con carriños, nun contexto de elevada natalidade na localidade.
Integración co entorno do Camiño de Santiago
A zona de actuación atópase nun enclave de especial valor patrimonial, próximo a elementos como a capela de San Benito, o palco da música e a igrexa parroquial de Santa María do Porriño, ademais de formar parte do acceso principal dos peregrinos ao centro urbano.
O proxecto aposta por materiais tradicionais e por manter a coherencia estética co entorno e co Camiño de Santiago, en liña coa Guía de Espazos Públicos da Xunta de Galicia.
Outras novas
- Vigo abre su visor submarino al público: cuándo visitar gratis ‘Atlántida’ y qué podrás ver bajo la ría
- Tras o Mundial chegan as Olimpíadas… ao Porriño: Porrigalia xa está lista
- El Vigo Arena se construirá en Teis: un recinto para 16.000 personas transformará Guixar
- El nuevo ascensor de Juan Ramón Jiménez abrirá en los próximos días, tras superar las últimas pruebas
- Vigo reconocerá al jugador del Celta Borja Iglesias, el primer gallego campeón del mundo





