O Concello do Porriño pechou o exercicio económico de 2025 co maior superávit da súa historia. Segundo os datos da liquidación orzamentaria, o municipio rexistrou un resultado orzamentario axustado positivo de 7.464.037 euros e un remanente de tesourería para gastos xerais de 11.200.917 euros.
Durante a rolda de prensa convocada para da a coñecer as cifras, o alcalde, Alejandro Lorenzo, “unha xestión responsable, eficiente e rigorosa” das contas municipais.
Así, sinalou, ademais do superávit histórico, a liquidación económica confirma unha evolución positiva do remanente de tesourería nos últimos anos. Este indicador pasou dos 4,5 millóns de euros en 2021 aos 9,5 millóns en 2022, 10,8 millóns en 2023, 10,6 millóns en 2024 e finalmente os 11,2 millóns rexistrados en 2025.
Pago a provedores e facturas pendentes
Outro dos datos destacados por Lorenzo é a mellora no período medio de pago a provedores. O Concello do Porriño reduciu o pago a provedores a un mínimo histórico de 38 días, fronte aos máis de 500 días de demora que se rexistraban en 2021. Esta evolución sitúa ao municipio preto dos prazos establecidos pola normativa de morosidade.
A liquidación tamén confirma que o Concello conseguiu eliminar por completo as obrigas pendentes de aplicar ao orzamento. Estas facturas acumuladas pasaron de 5,49 millóns de euros en 2021 a cero en 2025, tras un proceso de regularización contable e o uso do mecanismo estatal de pago a provedores.
Segundo explicou o alcalde, a boa situación económica permitirá afrontar obrigas herdadas sen comprometer a estabilidade financeira do Concello. En concreto, o goberno local prevé amortizar un crédito de 2,7 millóns de euros vinculado a facturas de exercicios anteriores, así como devolver outros 2,7 millóns correspondentes a gastos cuxa veracidade non puido ser acreditada.
A liquidación orzamentaria tamén reflicte que a débeda viva a longo prazo se sitúa actualmente en 2,7 millóns de euros, mentres que a débeda a curto prazo permanece en cero. Estes datos consolidan a O Porriño como un dos concellos con maior estabilidade financeira da provincia.
Presión fiscal
O alcalde destacou ademais que o municipio mantén unha presión fiscal contida, «O Porriño conta cos impostos máis baixos de Galicia«, asegurou o alcalde, quen adiantou que esta política vaise manter nos próximos anos.
Novo orzamento
Neste contexto, o Goberno municipal traballa xa na elaboración dun novo orzamento que permita incrementar o gasto social, reforzar as subvencións para melloras nas parroquias e no casco urbano e impulsar investimentos orientados á creación de emprego e ao desenvolvemento económico.
O obxectivo, segundo explicou o rexedor, é manter unhas contas saneadas ao tempo que se reforzan as políticas públicas orientadas a mellorar a calidade de vida da veciñanza e favorecer novas oportunidades para vivir, traballar e emprender no municipio.
Outras novas
- O Porriño pechou 2025 co maior superávit da súa historia: 7,46 millóns e un remanente de 11,2 millóns
- Rescatados los seis tripulantes de un pesquero que se hundió a la entrada de la ría de Muros y Noia
- O Parlamento galego admite a trámite a primeira proposición de lei a nivel mundial para protexer ecosistemas en restauración
- Uno de cada cuatro de nosotros, tenemos dificultades para pagar los gastos básicos del hogar
- La geolocalización de unos AirPods permite detener a un hombre por un robo en el interior de un coche en Vigo






