Avanzan as obras de reparación do noiro da autoestrada AG-57 do Val Miñor, ao seu paso polo concello de Gondomar, tras o desprendemento de terra rexistrado nas últimas semanas a causa dos temporais.
A intervención conta cun investimento de 109.705 euros e ten como obxectivo garantir a estabilidade do talude e a seguridade da infraestrutura viaria.
Na actualidade estanse a executar traballos de bulonado, unha técnica que permite reforzar e estabilizar o terreo mediante a colocación de ancoraxes no noiro. Segundo informan os técnicos, nos próximos días continuarase cos labores de gunitado, un procedemento construtivo que consiste en aplicar formigón ou morteiro a alta presión mediante unha máquina especial, creando así unha estrutura continua, compacta e resistente, especialmente axeitada para a estabilización de noiros.
Habilitado un carril de circulación e outro fora de servizo
Mentres se desenvolven estas tarefas, mantense habilitado un carril de circulación e outro permanece sen servizo, co fin de permitir o avance dos traballos e garantir ao mesmo tempo a seguridade tanto do persoal que participa na obra como dos usuarios da vía.
Desde a Administración autonómica sinalan que o desenvolvemento das obras avanza a bo ritmo e que a previsión é que os traballos poidan quedar rematados nos vindeiros días.
Outras novas
- El Concello acepta la cesión de la antigua Estación de Autobuses y exige a la Xunta conocer el estado real del edificio
- Valladares abre o Circuíto Galego de Teatro Amador con catro obras entre outubro e novembro
- 3.409 becas de comedor para escolares: el Concello eleva la ayuda a 70 euros al mes
- Festa dos Pexegos 2026 en Liñares, As Neves: programa e actividades
- El TSXG tumba la decisión del Concello sobre los antiguos juzgados y la Xunta estudia reclamarle los costes






