Galicia

Avanza a reparación do noiro da AG-57, tras os desprendementos dos temporais

As obras, cun investimento de máis de 109.000 euros, inclúen traballos de bulonado e gunitado para estabilizar o talude

Avanzan as obras de reparación do noiro da autoestrada AG-57 do Val Miñor, ao seu paso polo concello de Gondomar, tras o desprendemento de terra rexistrado nas últimas semanas a causa dos temporais.

A intervención conta cun investimento de 109.705 euros e ten como obxectivo garantir a estabilidade do talude e a seguridade da infraestrutura viaria.

Na actualidade estanse a executar traballos de bulonado, unha técnica que permite reforzar e estabilizar o terreo mediante a colocación de ancoraxes no noiro. Segundo informan os técnicos, nos próximos días continuarase cos labores de gunitado, un procedemento construtivo que consiste en aplicar formigón ou morteiro a alta presión mediante unha máquina especial, creando así unha estrutura continua, compacta e resistente, especialmente axeitada para a estabilización de noiros.

Habilitado un carril de circulación e outro fora de servizo

Mentres se desenvolven estas tarefas, mantense habilitado un carril de circulación e outro permanece sen servizo, co fin de permitir o avance dos traballos e garantir ao mesmo tempo a seguridade tanto do persoal que participa na obra como dos usuarios da vía.

Desde a Administración autonómica sinalan que o desenvolvemento das obras avanza a bo ritmo e que a previsión é que os traballos poidan quedar rematados nos vindeiros días.


Outras novas


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.