Galicia

Alerta vermella este luns por choivas torrenciais: sen clases no interior de Pontevedra

Hai previsións de ata 150 l/m2 en 12 horas

MeteoGalicia apunta a que comezamos a semana coa chegada dun novo sistema frontal moi activo e traendo moita humidade. Deste xeito, o ceo estará cuberto con precipitacións persistentes e intensas, máis activas co avance da tarde, deixando acumulacións importantes en gran parte do territorio e especialmente ao sur.
O vento soprará do suroeste forte, con refachos moi fortes, co avance da noite

As temperaturas mínimas non terán cambios e as máximas ascenderán lixeiramente ata os 16 graos de Ourense; 15 de A Coruña, Pontevedra e Vigo-aquí con 9 de mínima-; 14 en Lugo e Ferrol e 13 de Santiago.

A Xunta de Galicia vén de activar a alerta vermella por fortes chuvias no interior da provincia de Pontevedra para este luns 26, ante a previsión de precipitacións moi intensas que poderían acadar ata os 150 litros acumulados en só 12 horas. Ademais, declárase a alerta laranxa por choiva no noroeste, sur e zona do Miño da provincia de Ourense, así como alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego.

Suspendidas as clases nos centros do interior de Pontevedra

Como medida preventiva e co obxectivo de garantir a seguridade das persoas, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender durante toda a xornada lectiva as clases e o transporte escolar nos centros educativos e escolas infantís da zona Interior de Pontevedra. Así mesmo, nas zonas de Ourense afectadas pola alerta laranxa —Noroeste, Miño e Sur— quedarán suspendidas as actividades educativas no exterior dos centros.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informou da situación aos concellos, deputacións, servizos de emerxencias e agrupacións de voluntarios de Protección Civil a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia. Desde este organismo recoméndase activar os Plans de Emerxencia Municipal (PEMU) ou os Plans de Acción Municipal (PAM) ante inundacións nos concellos afectados pola alerta vermella.

Evitar desprazamientos innecersarios

Ante a previsión de choivas moi abundantes, as autoridades insisten en extremar as precaucións, evitar desprazamentos innecesarios, non atravesar zonas inundadas ou susceptibles de asolagarse e non estacionar vehículos nas marxes de ríos ou zonas baixas. Tamén se recomenda informarse previamente do estado das estradas.


Outras novas


Suspendida a actividade deportiva no exterior

No ámbito deportivo, a Secretaría Xeral para o Deporte anunciou a suspensión da actividade deportiva federada e das probas do programa Xogade que se desenvolvan no exterior nas zonas afectadas. Ademais, mantense a suspensión de toda actividade deportiva no mar debido á alerta laranxa por temporal costeiro.

A Xunta lembra a importancia de afastarse da liña de costa, incluídos diques e paseos marítimos, e de extremar a seguridade nas actividades marítimas, revisando amarres e cabos das embarcacións. Para máis información actualizada, recoméndase consultar a páxina web do CIAE 112 Galicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.