O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia rexistrou no Parlamento galego unha batería de iniciativas dirixidas a mellorar o coñecemento, o acceso e a aplicación efectiva da prestación de axuda para morrer, entre as que destaca a proposta de crear un Observatorio da Morte Digna en Galicia como órgano estable de seguimento e avaliación dos procesos vinculados ao final da vida.
Máis de 6,000 documentos de instrucións previas, rexistrados en Galicia en 2025
A iniciativa, presentada pola deputada Elena Espinosa, toma como referencia o incremento dos documentos de instrucións previas rexistrados en Galicia durante 2025, que ascenderon a 6.049, máis do dobre que no ano anterior. Segundo o grupo proponente, este aumento reflicte un cambio relevante na conciencia social arredor do dereito a decidir sobre o final da vida e non pode atribuírse unicamente a factores administrativos ou demográficos.
Desde o grupo parlamentario sinalan que a maior visibilidade pública deste dereito está relacionada co traballo de colectivos da sociedade civil e coa implicación de persoas que fixeron pública a súa situación persoal, contribuíndo a abrir un debate social sobre a morte digna e o exercicio dos dereitos recoñecidos na lexislación vixente.
A prestación de axuda para morrer continúa a ser pouco coñecida pola cidadanía
A proposta tamén recolle conclusións de informes do Ministerio de Sanidade e da Xunta de Galicia, nos que se advirte de que a prestación de axuda para morrer continúa a ser pouco coñecida pola cidadanía, malia as melloras rexistradas nos tempos de tramitación. Neste contexto, o observatorio proposto tería como funcións avaliar a aplicación da lei, identificar posibles desigualdades territoriais, reforzar a formación do persoal sanitario e impulsar accións informativas dirixidas á poboación.
Segundo a deputada Elena Espinosa, o obxectivo é garantir que os dereitos recoñecidos legalmente sexan coñecidos e exercibles en condicións de igualdade en todo o territorio galego, á vista dunha realidade social que, ao seu xuízo, xa se manifesta de forma clara a través do aumento dos testamentos vitais.
Outras novas
- O prazo do ‘Bono Emancípate’ abre este venres con axudas de ata 3.000€ para mozos e mozas
- Más vivienda protegida, zonas verdes y superficie comercial, entre Travesía de Vigo y Aragón
- Los sindicatos desconvocan la huelga de trenes, tras acuerdo con el Ministerio de Transportes
- La Reina del Flow desembarca en Vigo para encabezar el Galicia Fest 2026
- La viguesa Lorena Lourido toma las riendas financieras de IKEA en España





