O Nadal comeza en Tameiga e a Sala Rebullón programa dous eventos para celebralo en familia e coas amizades, de acceso completamente gratuito, e para todos os públicos.
Este domingo 21, a Rebullón acolle un concerto de Nadal moi especial. A partir das 18:00 horas, e con entrada de balde, dobre actuación: a Banda de Acordeóns Metropolitana e Argonat Band. Ambas veñen de recibir premios no Mundial de Acordeón celebrado en Montargis (Francia). Argonat Band acadou o segundo posto na súa categoría mentres que a BAM proclamouse campioa.
Outras novas
- Detenidos tres empresarios de Ponteareas, Vigo, y Mos el presunto desvío de 30 toneladas de cobre de Telefónica
- Samil suma otro derribo: el Concello prepara la demolición total de San Remo
- Hallado muerto junto al puente de Rande el vecino de Redondela desaparecido desde el lunes
- Alianza pola Vivienda cuestiona al alcalde por rechazar el mercado tensionado “¿por qué no quiere aplicar una medida positiva para los inquilinos?”
- Renfe refuerza los trenes a Galicia con más de 1.000 plazas adicionales durante el puente del 12 de octubre
Banda de Acordeóns Metropolitana (BAM)
A Banda de Acordeóns Metropolitana (BAM), que ensaia nas Pedriñas, é unha formación musical sen ánimo de lucro cuxa meta é participar en eventos musicais inolvidables. Fundada no 2019, actualmente está formada por 45 instrumentistas acompañados por unhas 30 voces corais. Cultiva un repertorio con arranxos musicais propios, no que se recollen desde pezas do folk galego ata éxitos populares ou composicións clásicas.
Argonat Band
Argonat Band, pola súa banda, é un grupo de pop e rock ‘n’ roll composto maioritariamente por acordeóns, un total de oito, acompañados por violín, gaita, baixo eléctrico e batería. Fan versións dos clásicos, temas modernos con instrumentos clásicos, unha mestura que garante unha boa tarde de música e divertimento na Rebullón.





