A Tarxeta Xente Nova contribúe ao fomento do acceso ao transporte público

A finais de setembro, o número de viaxes achegábase aos 5 millóns

A revolución da mobilidade en Galicia: as tarxetas Xente Nova e +65 transforman o acceso ao transporte público

O transporte público leva anos transformándose nun servizo pensado para facilitar a vida das persoas, apostando por favorecer a conexión e a comodidade. Con este propósito, os galegos e galegas teñen acceso a bonificacións que permiten simplificar a compra de billetes no transporte público de competencia autonómica, a prezos asequibles.

A través destas tarxetas —Xente Nova, +65 e a Tarxeta de Mobilidade de Galicia— a Xunta está a impulsar tarifas que poñen no centro ás familias, á mocidade e ás persoas maiores, reducindo custos, ampliando dereitos e promovendo unha mobilidade máis sostible en todo o territorio.

Xente Nova: mobilidade gratuíta

A tarxeta Xente Nova, destinada a menores de 21 anos, permite realizar ata 60 viaxes ao mes completamente de balde en autobuses interurbanos da Xunta e noutros medios de transporte como o tren de proximidade en Ferrol ou o transporte marítimo, na ría de Vigo.

Isto non só garante prezos económicos para estudantes e mozos traballadores, tamén contribúe a educar ás novas xeracións nun uso máis responsable e sostible do transporte público. Co paso dos anos, converteuse nun apoio a economía das familias falegas, que nos tres primeiros trimestres deste ano aforraron case 8,8 millóns de euros -e máis de 50,2 millóns desde que esta bonificación, co-financiada entre Xunta e Estado, se puxo en marcha en 2016-.

Así, ao mesmo tempo a Tarxeta Xente Nova está a ser un catalizador directo da demanda no transporte interurbano: ata setembro rexistráronse case 4,9 millóns de viaxes gratuítas, 12.000 máis que no mesmo tramo de 2024, cunha media mensual que superou as 540.000 viaxes. En 9 anos ese número de desprazamentos superou os 33,5 millóns.

Estes datos explican que ata o mes de setembro houbese máis de 132.000 tarxetas activas, e que só dende xaneiro sumáranse máis de 20.000 novos usuarios. Esta boa acollida levou á Xunta a ampliar o programa para o próximo ano 2026.

Tarifa+65: facilitar a vida das persoas maiores

Nesa mesma liña, a poboación maior de 65 anos, conta coa tarifa +65 que ofrece tamén 60 viaxes gratuítas ao mes, abrindo portas a un envellecemento activo e conectado. Ir ao médico, visitar familiares, participar en actividades sociais ou simplemente moverse pola súa contorna deixan de ser tarefas condicionadas polo custe económico.

A medida mellora a calidade de vida das persoas maiores e fomenta a súa autonomía, contribuíndo a combater a soidade e a garantir un acceso máis igualitario aos recursos da comunidade.

Tarxeta de Mobilidade de Galicia: descontos para toda a cidadanía

A Tarxeta de Mobilidade de Galicia, mediante bonificacións, permite combinacións máis baratas e flexibles, favorecendo os desprazamentos diarios por motivos de traballo, estudos ou saúde.

Beneficios sociais e impacto real

O éxito destas tarxetas non se mide só en cifras, senón no impacto social que teñen:

  • Alivio económico real para miles de familias galegas.
  • Mobilidade garantida para colectivos con máis necesidades: mocidade e persoas maiores.
  • Fomento da sustentabilidade ao reducir o uso do vehículo privado.
  • Revitalización do transporte público, que gaña usuarios e reforza o seu papel como servizo esencial.
  • Cohesión territorial, facilitando a vida en cidades, vilas e zonas rurais.

Un camiño que segue medrando

Na actualidade, os galegos avanzamos cara a un modelo de transporte público máis humano, máis próximo e máis igualitario. As bonificacións non son só unha ferramenta de aforro, senón unha aposta polo obxectivo de que as persoas sexan o centro das políticas públicas. A extensión destas medidas e a súa mellora continua avanzan tamén en lograr unha mobilidade accesible para todas e todos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.