A Xunta liberou esta fin de semana na zona dos Ancares, no límite entre Galicia e León, un exemplar de voitre negro que fora rescatado a mediados de outubro no feiral do San Froilán, en Lugo, e trasladado posteriormente para o seu tratamento e rehabilitación ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre (CRFS) do Veral.
Un ano de idade e 4,5 kilos de peso
O exemplar, un xuvenil de aproximadamente un ano de vida e 4,5 kg de peso, foi localizado nun estado moi feble debido á baixa temperatura corporal e a unha lixeira deshidratación, aínda que non presentaba fracturas nin feridas.
Tras ingresar no centro de recuperación de fauna dependente do Executivo autonómico, exemplar de voitre negro -unha especie cuxa presencia é pouco habitual en Galicia– de rapidamente mostras de recuperación e ás poucas horas comezou a alimentarse xa de forma autónoma.
Outras novas
- Si el Mundial 2030 viene a Galicia, se jugará en Balaídos: A Coruña renuncia
- Avanza a reparación do noiro da AG-57, tras os desprendementos dos temporais
- Marín acoge el Campeonato Gallego de Kickboxing y Muaythai 2026, con récord histórico de participación
- El próximo día 23 abre el plazo para solicitar plaza en las escuelas infantiles municipales
- El Gobierno estudia bajar el IVA de la electricidad para contener los precios ante la crisis energética
492 aves nun ano
A súa recuperación no CRFS do Veral -que só no que vai de ano tratou un total de 492 aves- cinguiuse ao tempo estritamente necesario para que a súa volta ao medio natural se realizase en condicións de subsistir por si mesmo no medio natural.
Para a súa liberación tivéronse en conta tanto as medidas hixiénico-sanitarias para evitar a introdución de enfermidades ou patóxenos no medio natural como as condicións ambientais.





