Comarcas

Pily Reñones recibe un novo recoñecemento, en Portugal

O título de Fotógrafa Internacional Distinguida en Fine Art

Pily Reñones recibe un novo recoñecemento, en Portugal

A nosa compañeira Pily Reñones recibiu o título de Fotógrafa Internacional Distinguida en Fine Art, outorgado pola APPIMAGEM, a Asociación de Fotógrafos Profesionais de Portugal. A entrega celebrouse nunha cena de gala no Gran Casino de Espinho, á que asistiron profesionais de distintas nacionalidades.

O recoñecemento baséase nos méritos das obras presentadas anualmente ás calificacións portuguesas, avaliadas por xurados nacionais e internacionais, cunha puntuación de cero a cen, sendo consideradas meritorias aquelas con 80 ou máis.

Mestra e especialista en retrato

Reñones, que xa contaba con outros títulos en Portugal como Mestra e Fotógrafa especialista en retrato, destacou a súa satisfacción por este novo recoñecemento na fotografía artística, unha das súas grandes paixóns. A fotógrafa anunciou que, tras este logro, centrará os seus esforzos en un novo proxecto: converterse en especialista en fotografía documental, unha disciplina na que se sente especialmente libre para «contar ao mundo dibuxando con luz o que os seus ollos contemplan».

«Ver a fotografía con máis luz»

Ao longo da súa carreira, a nosa compañeira recibiu diversos premios que avalan o seu talento na fotografía documental, con obras realizadas en diferentes países. A fotógrafa de Tomiño cualificou este último recoñecemento como «unha adrenalina que a impulsa a seguir crecendo profesionalmente«, e agradeceu á APPIMAGEM a oportunidade de ampliar os seus coñecementos e «ver a fotografía con máis luz».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.