O Concello de Gondomar pon en marcha un paquete de actuacións ambientais con investimento superior aos 119.000 euros, que inclúe a creación dun novo Centro de Compostaxe Comunitaria, dous Puntos Limpos Móbiles e catro minipuntos limpos de proximidade, co obxectivo de mellorar a reciclaxe e a xestión de residuos no municipio.
Novo centro no Parque das Rosas
Así, o novo centro no Parque das Rosas, cun custo de máis de 61.000 euros, permitirá transformar biorresiduos domésticos en abono natural. Ademais, o Concello repartirá 150 composteiros domésticos para ampliar a rede cidadá comprometida coa compostaxe.
Os dous Puntos Limpos Móbiles, cunha inversión de máis de 40.000 euros, optimizan a recollida de residuos especiais e realizarán ata 40 cambios de ubicación ao ano, alcanzando todas as parroquias e reducindo máis de 295 toneladas de CO₂ equivalentes.
Outras novas
- Gondomar reforza compostaxe e reciclaxe con un novo centro e seis puntos limpos
- Las pensiones subirán un 2,7 % en 2026
- Valença inaugura la Fortaleza de Chocolate: 11 días de magia y sabores únicos
- Vuelve Vintax Market: ropa de segunda mano, moda vintage, sostenible, y prendas de autor
- Asime lanza un nuevo Programa de Empleo con 100 plazas para combatir la falta de personal en el sector metal
Para facilitar o acceso á reciclaxe, tamén se instalaron catro minipuntos limpos nas parroquias de Vincios, Morgadáns, Peitieiros e Chaín, con investimento superior a 18.000 euros. O alcalde Paco Ferreira resaltou que estas medidas representan un compromiso firme coa sostibilidade e a participación cidadá.






