O Porriño vivirá este venres, 28 de novembro, unha das xornadas máis especiais do ano coa gran festa de benvida ao Nadal. O acto central será o acendido do alumeado navideño, previsto para ás 20:15 horas na Praza do Concello, onde un grupo de usuarios de Aceesca, Afaga, Vide e dos centros de día do municipio presionará o botón que iluminará máis dun milleiro de luces distribuídas polo casco urbano e todas as parroquias.

Programa
As actividades comezarán ás 18.30 horas co contacontos interactivo “Un conto de Nadal”, a cargo de Lalá Teatro. A decoración contará cun teito de luces de 30 metros de lonxitude, 7 de alto e 8 de ancho, 75.000 microleds, 157 arcos luminosos e máis de 990.000 unidades de led, ofrecendo un espectáculo diario sincronizado de luz e son.
A festa continuará co concurso “Voces do Porriño”, que estreará a panxoliña “O Nadal no Porriño” con varias sorpresas. Posteriormente, Soraya subirá ao escenario ás 21.30 horas cun espectáculo cheo de enerxía e música, mentres que a noite pecharase con sesión DJ a partir das 22.30 horas.
Outras novas
- Ryanair abre la puerta a volver a Vigo si bajan las tasas: el PP exige a Caballero que lo reclame a Aena
- Vigo prepara una ordenanza contra la prostitución que actuará contra la explotación sexual y la demanda
- La Praza do Rei será irreconocible: así desaparecerá la actual plaza del Concello
- O BNG acusa a Caballero de converter o Concello nunha «estafa piramidal» tras executar só o 27% do orzamento
- O IES Alexandre Bóveda perderá profesorado o próximo curso: alerta de menos apoios e atención ao alumnado
O alcalde Alejandro Lorenzo salientou que este acto é moito máis que un acendido, «é unha festa de benvida a unhas datas moi especiais e un momento para compartir xuntos. Queremos que o Nadal no Porriño sexa participativo, inclusivo e cheo de vida”.





