A celadora da Área Sanitaria de Vigo Loli Rodríguez Rodríguez, traballadora do servizo de Mantemento do Hospital do Meixoeiro, vén de conquistar o Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega 2024 coa súa novela Nailía. Trátase da segunda obra desta autora lucense asentada en Vigo, que antes de incorporarse ao ámbito sanitario estudou Maxisterio e rexentou durante dúas décadas unha libraría-papelería.
Amor, desamor, rancor, superación, esperanza e perdón
Publicada pola editorial Galaxia, Nailía preséntase como unha “historia de historias” na que converxen temas universais como o amor, o desamor, o rancor, a superación, a esperanza e o perdón. Rodríguez expresou a súa emoción polo recoñecemento recibido, afirmando sentirse “moi agradecida e abraiada pola repercusión, pero sobre todo polo cariño e apoio dos compañeiros e compañeiras do hospital”.
O xurado salientou a calidade da narración, a fluidez da lectura e a capacidade da autora para construír unha novela clásica na forma pero plenamente contemporánea no tratamento das personaxes e dos conflitos. Destacou tamén a presenza de mulleres diversas, as imaxes poéticas que percorren o texto e o bo uso dos diálogos.
Outras novas
- Fin de semana con menos lluvia y más frío
- El alcalde de Crecente anuncia que no se presentará a la reelección
- Caballero vuelve a cargar contra la Xunta por la vivienda
- O celtismo saca as unllas contra a homofobia
- La Panificadora, el cuento de nunca acabar
A presentación oficial da obra terá lugar no Culturgal de Pontevedra o vindeiro 28 de novembro, mentres que en Vigo a autora asinará exemplares o 12 de decembro.





