O Concello de Gondomar está completando distintas actuacións de cara a mellorar a mobilidade e accesibilidade, en diferentes lugares da vila. Así, no barrio de O Barco, na parroquia de Mañufe,vén de rematar a pavimentación integral da estrada, «unha obra demandada pola veciñanza debido á estreitez da vía, que dificultaba o paso de turismos e a entrada de vehículos de servizos básicos como reparto de butano ou mensaxería», apunta o alcalde, Paco Ferreira.
A intervención inclúe un novo treito de estrada grazas á cesión voluntaria de parte dun terreo por un veciño, así como a construción dun muro de contención de pedra Porriño en zonas elevadas. O novo trazado permite que a vía sexa totalmente transitable, mellorando o acceso a diversas vivendas do barrio. A inversión aproximada foi de 55.000 euros.

Observatorio de Fauna de A Xunqueira
Paralelamente, o Concello ampliou e adaptou o Observatorio de Fauna de A Xunqueira, un espazo de divulgación ambiental. As melloras inclúen rampas adaptadas, paneis en Braille, siluetas en relevo, códigos QR con audioguías, bancos e caseta informativa.
Ademais, instaláronse paneis interpretativos centrados na observación de aves, que ofrecen información educativa e permiten a localización de puntos de interese mediante mapas interactivos. Estas medidas, subliñou Ferreira, «buscan facilitar a accesibilidade para todos os usuarios e reforzar a función educativa e de lecer do observatorio».
Outras novas
- Fin de semana con menos lluvia y más frío
- El alcalde de Crecente anuncia que no se presentará a la reelección
- Caballero vuelve a cargar contra la Xunta por la vivienda
- O celtismo saca as unllas contra a homofobia
- La Panificadora, el cuento de nunca acabar
O alcalde salienta que estas actuacións forman parte das accións impulsadas dende o Concello para mellorar as infraestruturas viarias e os espazos públicos, aumentando a seguridade, a accesibilidade e a dispoñibilidade de recursos educativos para a cidadanía.





