O Porriño acolleu un encontro no que o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salientou os 6,25 millóns de euros mobilizados este ano nos seis concellos da comarca de Vigo —O Porriño, Mos, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Redondela e Soutomaior— ao abeiro da primeira convocatoria do Plan Extra. Este programa, dotado con 38 millóns e que beneficiou os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes, permitiu atender o 100 % das solicitudes presentadas.
López salientou que o Plan Extra “é moito máis ca un plan extraordinario de investimentos”, é “un proxecto de provincia” no que os concellos achegan as ideas e a Deputación aporta os recursos, en moitos casos financiando as actuacións ao 100 %. Ademais, puxo en valor a lealdade institucional e a ampliación da autonomía municipal que facilita este programa.
Outras novas
- Vigo exige un autobús exprés a Peinador
- Empieza el juicio a un policía local acusado de agresión sexual
- Sánchez pide diálogo con el Canicouva ante el plan de construir viviendas en las antiguas casas de maestros
- Vigo deja casi listas las rampas mecánicas de Pintor Colmeiro para acabar con su histórica cuesta
- Un policía nacional fuera de servicio, salva en Cangas a un hombre de 77 años atacado por dos perros
Sete proxectos estratéxicos
Durante o encontro, repasáronse os sete proxectos estratéxicos que xa están en marcha na comarca:
A creación dun novo espazo público na praza Pío XII do Porriño (1,1millóns de euros de achega provincial)
- Humanización da Praza da Petanca en Redondela (700.000€)
- Urbanización da praza pública en Fornelos de Montes (280.000€)
- Reurbanización do centro urbano de Arcade en Soutomaior (700.000€)
- Noutros casos, como en Mos ou Pazos de Borbén, a combinación do Plan Extra e do +Provincia permite financiar ata o 100 % das obras

128 millóns en investimentos
A segunda convocatoria do Plan Extra, recentemente pechada, volveu ter solicitudes de todos os municipios menores de 50.000 habitantes. Para a comarca de Vigo, xa se están avaliando seis novos proxectos cun investimento global de 6,5 millóns de euros.
López subliñou tamén o compromiso da Deputación co rural e cos concellos pequenos e medianos, «fundamentais para frear o reto demográfico e garantir servizos e infraestruturas de calidade». Así, lembrou que en 2026 a institución deixará 128 millóns de euros en investimentos a través dos plans +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e o propio Plan Extra.





