Lazoiro vén de denunciar a existencia dun vertedoiro ilegal en Salvaterra de Miño.«Trátase dun terreo de dominio público, nun camiño lindante coa autovía A-52 na parroquia de Leirado, no lugar de Santa Cristina».
Dende a asociación apuntan que foron varios veciños os que alertaron da existencia do mesmo, así mesmo, lembran que a concentración de pneumáticos e outros materiais contaminantes pode favorecer de maneira notable a proliferación de pragas (coma mosquitos ou roedores), incrementa de xeito considerábel o perigo de incendios, especialmente durante os meses de maior seca e provoca a liberación progresiva de substancias tóxicas que acaban filtrándose ao solo e ás augas subterráneas.
Outras novas
- Muere un vecino de Vigo en un accidente de tráfico en As Neves
- Vigo, clave para la seguridad alimentaria europea
- Hallan muerto a un hombre en avanzado estado de descomposición junto a una nave, en Vigo
- Vigo pone el coche de siempre patas arriba: es la ciudad de España que más apuesta por el renting
- El Concello rechaza el convenio para que la Diputación invierta 1,7 millones en humanizar Rosalía de Castro
Deterioro da calidade de vida
Ademais, dende Lazoiro subliñan que «as parroquias son parte esencial da identidade do noso concello, polo que o abandono e o deterioro destes espazos afecta directamente á calidade de vida da veciñanza», así como á imaxe que Salvaterra proxecta. Permitir a permanencia deste tipo de vertedoiros “afea o rural, desvaloriza o territorio e transmite unha mensaxe de descoido institucional”.
Por todo isto Lazoiro denunciou no rexistro do Concello de Salvaterra a súa localización, acompañada de fotografías, para que procedan de maneira urxente a retirar os residuos e restaurar a zona afectada, investigar a orixen e aplicar as sancións correspondentes co fin de evitar que situacións coma esta se repitan.





