O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres a aprobación da relación de concellos beneficiarios do programa +Emprega nos Concellos, unha iniciativa destinada a ofrecer unha primeira experiencia laboral a mozos e mozas desempregados da provincia.
Primeira experiencia laboral para 72 rapaces e rapazas
A través dun investimento de 1,1 millóns de euros, a institución provincial impulsará a contratación de 72 persoas novas mediante contratos formativos dun ano de duración, que comezarán a partir do 15 de xaneiro de 2026.
“Con este programa seguimos sumando proxectos que fomentan o emprego, melloran a calidade de vida da veciñanza e fan que Pontevedra siga indo a máis”, subliñou López, engadindo que o obxectivo é mellorar a empregabilidade xuvenil e romper a barreira da falta de experiencia laboral.
As retribucións mensuais variarán segundo o nivel de formación: 1.000 euros para persoas con ciclos medios de FP, 1.200 euros para ciclos superiores e 1.400 euros para titulados universitarios.
Outras novas
- Una activista de Greenpeace camina sobre una cuerda a 30 metros de altura en pleno centro de Madrid
- Ángela Balado, campioa de Europa cadete
- Investigan la muerte de un hombre, en la antigua nave de Pescanova
- Acostúmbrate: lloverá toda la semana
- Pasa a disposición judicial la mujer detenida por el apuñalamiento mortal en la antigua estación de autobuses
32 concellos
O programa chegará a 32 concellos da provincia, con diferentes números de contratos segundo a súa poboación.
- Así, haberá un contrato en municipios de menos de 3.000 habitantes (como Barro, Covelo, Crecente ou Portas)
- Dous contratos en concellos entre 3.000 e 10.000 habitantes (como A Cañiza, Redondela, Valga ou Vilaboa)
- E tres contratos en municipios de entre 10.000 e 50.000 habitantes (como Cangas, Moaña, Vilagarcía, Marín ou O Porriño)
O programa +Emprega nos Concellos busca promover a inclusión social e o emprego de calidade, ofrecendo ás persoas participantes a posibilidade de adquirir competencias profesionais e sociais que lles permitan acceder con máis garantías ao mercado laboral






