O Concello de Tui modificará o proxecto de reforma da Praza da Estrela despois do importante achado arqueolóxico rexistrado nas catas previas realizadas nas últimas semanas. En total efectuáronse catro catas vinculadas ao proxecto da rede de pluviais que se vai executar na zona.
Entre os vestixios atopados destaca, pola súa relevancia histórica, un tramo da muralla medieval do século XII, cuxo estudo permitirá afondar no coñecemento da historia tudense desa época. Ademais, aínda pendentes de datación exacta, tamén apareceron pezas cerámicas e pétreas, pavimentos e murosTui adaptará o proxecto da Praza da Estrela tras o achado dunha muralla medieval do século XII que revelan novas pistas sobre a evolución urbana da cidade.
Estas escavacións forman parte do proxecto municipal impulsado para corrixir os problemas de afundimento e deterioro detectados na praza, derivados do mal estado das antigas canalizacións de pluviais. O obxectivo inicial das obras é garantir a seguridade e unha correcta evacuación das augas, mediante a renovación integral do saneamento e da pavimentación.
Conservación e recuperación
Porén, os achados arqueolóxicos supoñen un punto de inflexión na intervención. O Concello, en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, adaptará o proxecto de reforma para compatibilizar as actuacións de infraestrutura coa conservación, recuperación e posta en valor do patrimonio histórico atopado.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientou que “estes achados confirman, unha vez máis, a riqueza patrimonial que agocha o subsolo tudense. A nosa obriga é protexela e facela visible e accesible á cidadanía”. Cabaleiro subliñou o compromiso do Concello coa conservación do legado histórico e coa transparencia en todo o proceso.
Outras novas
- O Porriño contará cun novo aparcadoiro público gratuíto, preto do centro de saúde
- Comienza el juicio por el crimen de Coia de 2024: el acusado se enfrenta a casi 22 años de cárcel
- Muere un joven de 23 años en un accidente de tráfico en la parroquia de Ombreiro, en Lugo
- Tui adaptará o proxecto da Praza da Estrela tras o achado dunha muralla medieval do século XII
- “La Xunta daba ayudas al aeropuerto de Santiago para perjudicar a Vigo”
Integrar a muralla e os restos arqueolóxicos no deseño final da praza
No proxecto traballa un equipo técnico multidisciplinar formado por enxeñeiros, arquitectos, arqueólogos e historiadores, que xa estuda a maneira de integrar a muralla e os restos arqueolóxicos no deseño final da praza. A intención é que o espazo manteña a súa funcionalidade urbana e, ao mesmo tempo, se converta nun ámbito de interpretación e divulgación do pasado romano e medieval de Tui.
Deste modo, o Concello reafirma a súa vontade de actuar con máximo respecto ao patrimonio, fomentando a colaboración interinstitucional e apostando por un proxecto que contribuirá a enriquecer a identidade cultural e turística da cidade, poñendo en valor un legado histórico que durante séculos permaneceu oculto baixo o solo tudense







