A Deputación constata que, cun crecemento mes a mes, o 2025 está a ser o ano da internacionalización do destino Rías Baixas. Neste caso, os datos do Observatorio de Turismo Rías Baixas, que beben das estatísticas do INE, remarcan que en setembro deste ano incrementouse nun 10% o número de visitantes estranxeiros con respecto ao mesmo mes do 2024. Ademais, a provincia concentrou en setembro ao 34% dos visitantes que chegaron a Galicia.
Máis da metade do turismo é español
O turismo español segue a ser maioritario na provincia de Pontevedra, cunha porcentaxe que se sitúa no
54%. Sen embargo, os visitantes estranxeiros seguen a medrar e o mes de setembro pechouse cunha
porcentaxe do 46%, case a metade dos visitantes, o que supón un 10% máis que o pasado ano. Ademais, a ocupación hoteleira rexistrada o mes pasado situouse no 50%.
Outubro
No que respecta ao mes de outubro, ata a data, visitaron a oficina de turismo do Palacete das Mendoza,
sede de Turismo Rías Baixas, máis de 2.400 persoas e percorreron os camiños de Santiago que atravesan a provincia un total de preto de 20.000 peregrinos e peregrinas, o que supón un incremento do 20% con respecto ao mesmo mes do 2024.
Outras novas
- Caballero carga contra Louzán: “sigue intentando que Vigo no sea sede del Mundial y se apoya en mentiras”
- Muere el golpista Tejero
- Las pistas de atletismo de Balaídos no reabren el día anunciado por el Concello
- Usuarios denuncian que el bus entre Vigo y Marín deja a diario a más de diez personas en tierra por falta de plazas
- Os turistas estranxeiros son xa case a metade de todos os que visitan as Rías Baixas
Ademais, por vez primeira, o Camiño Portugués pola Costa, con 9.664 peregrinos, sitúase como a vía máis transitada de todas as que atravesan a provincia cara Compostela, seguida do Camiño Portugués, con 9.448, a Vía da Prata, con 800, e o Camiño de Inverno, con máis de 306 peregrinos.
A porcentaxe maioritaria de peregrinos, o 78%, son estranxeiras e proveñen, principalmente, de Estados Unidos, Portugal e Alemaña.